O Clúster Audiovisual Galego acode por primeira vez en Amsterdam ao maior mercado tecnolóxico europeo

Actualizado: jueves, 11 septiembre 2008 21:30

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 11 Sep. (EUROPA PRESS) -

Unha delegación de 11 entidades socias do Clúster Audiovisual Galego (CLAG), baixo o paraugas corporativo deste conglomerado empresarial, viaxa hoxe a Amsterdam para asistir á Exhibition IBC 08, considera o mercado tecnolóxico máis importante de Europa e que se celebra desde mañá ata o día 16.

Baixo o lema 'Pola industria, para a industria', este evento é un relevante acontecemento mundial para os profesionais da creación, xestión e entrega de contidos da industria do entretemento, segundo destacou o CLAG.

IBC ten un carácter eminentemente profesional, no que se combina a exposición de novidades nun gran número de expositores, cun programa de conferencias diario e actividades de valor engadido para que os visitantes poidan achegarse a algunhas das novas tecnoloxías.

Considerando a relevancia deste mercado para o sector audiovisual galego, o CLAG promove este ano, por primeira vez, a presenza das súas empresas asociadas no IBC. Está previsto que participen as firmas Arantia, Spica, Isabella Audiovisual, Filmanova, Ficción Producións, LambdaStream, Voz Audiovisual, Continental, Cinemar Films, CTV e Tecnocom.