SANTIAGO DE COMPOSTELA, 6 Mar. (EUROPA PRESS) -
O Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia está a levar a cabo un proxecto de I+D+i que lle permitirá dotarse de tecnoloxía necesaria para verificar nun futuro os radares móbiles de tráfico. A tecnoloxía empregada baséase na combinación GPS, visión artificial e comunicación bluethooth.
O obxectivo do proxecto é o deseño e construción dun sistema que permitirá nun futuro verificar os cinemómetros, coñecidos comunmente, como velocímetros, de modo que se poida comprobar a eficacia do radar cando mide a velocidade dun automóbil.
Para acadalo, efectuaranse comparacións entre ás medicións reflectidas polos cinemómetros e ás realizadas mediante a tecnoloxía GPS, a mesma que se utiliza para os navegadores. A lectura dos displays mediante a visión artificial, mentres que a comunicación entre os diferentes módulos farase empregando comunicación bluetooth.
Ademais, o centro iniciou tamén un proxecto de investigación para mellorar a súa capacidade de calibración de instrumentos e mediación dimensional utilizados habitualmente pola industria.
Os dous proxectos están financiados mediante programas sectoriais de investigación aplicada do Plan IN.CI.TE da Consellería de Innovación e Industria, cunha dotación total de 265.000 euros.