Falece un home de 85 anos tras ser atropelado por un turismo en Marín

Actualizado: viernes, 20 julio 2018 12:37

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 20 Jul. (EUROPA PRESS) -

   Un home de 85 anos faleceu tras ser atropelado por un turismo na rúa Jaime Janer de Marín (Pontevedra), nun sinistro ocorrido ao redor das 10,05 horas deste venres, segundo informaron fontes do servizo de emerxencias do 112 Galicia.

   Varios particulares alertaron ao 112 do accidente e solicitaron atención urxente. O atropelo produciuse á altura do número 40 da rúa Jaime Janer.

   Desde o 112 trasladouse o aviso ao servizo sanitario de urxencia e á policía local. Tamén se informou aos bombeiros, aínda que non foi necesaria a súa intervención.

   O 061 enviou até o lugar unha ambulancia asistencial, un médico de atención primaria e unha ambulancia medicalizada. Realizáronselle manobras de reanimación cardiopulmonar ao home de 85 anos, F.O.B., pero finalmente confirmouse o seu falecemento no lugar.