En liberdade o detido pola explosión en Tui investigado por homicidio imprudente

O dono da pirotecnia de Tui pasa disposición xudicial pola explosión
Europa Press
Actualizado: viernes, 25 mayo 2018 15:27

   TUI (PONTEVEDRA), 25 May. (EUROPA PRESS) -

   A xuíza de Instrución número 1 de Tui (Pontevedra) decretou a posta en liberdade de F.G.L., o dono da pirotecnia La Gallega, que foi detido o pasado mércores pola explosión dun almacén clandestino de material pirotécnico, e mantén a súa condición de investigado polos suposto delitos de homicidio imprudente, danos imprudentes e lesións imprudentes.

   Así o confirmou o seu avogado, Ricardo Valencia, á saída dos xulgados de Tui. Así mesmo, ratificou que a xuíza ordenou comparecencias os días 1 e 15 de cada mes.

   Ademais, impútaselle o delito de risco catastrófico na modalidade de delito de risco provocado por explosivos e outros axentes, engadiron fontes xudiciais.

   O letrado expresou a vontade do seu defendido de "colaborar coa Xustiza" e sinalou que, na súa declaración, F.G.L. admitiu que almacenaba na vivenda da parroquia de Paramos material para fabricar explosivos.