Un total de 32 espectáculos e máis de 400 profesionais concorrerán aos Premios de Teatro María Casares

Premios de Teatro María Casares
ASOCIACIÓN DE ACTORES E ACTRICES DE GALICIA
Publicado: sábado, 27 enero 2018 14:44

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 27 Ene. (EUROPA PRESS) -

   Un total de 32 espectáculos e máis de 400 profesionais concorrerán aos 'XXII Premios de Teatro María Casares' organizados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia, que se entregarán o 21 de marzo, e para os que xa está aberto o primeiro proceso de votación.

   O proceso de inscrición realizouse integramente a través da web da Asociación e finalizou o pasado 8 de xaneiro após rexistrar unha alta participación. Tras esta fase, iníciase a primeira rolda de votacións, aberta xa a un censo formado por máis de 450 profesionais do sector das artes escénicas.

   Ademais do colectivo de membros da Asociación, poderán votar responsables da xestión e programación cultural, xornalistas, críticos e as persoas nomeadas en edicións anteriores. A primeira rolda de votacións finalizará o 12 de febreiro.

   Deste proceso, sairán os espectáculos e profesionais finalistas en cada unha do catorce categorías, que se darán a coñecer a finais do mes de febreiro na 'Festa dos Nomeados da María Casares', que se celebrará en Santiago o 21 de febreiro.

   Os galardóns, que se crearon en 1997, contan con 14 categorías: espectáculo, espectáculo infantil, actriz e actor protagonista, actriz secundaria, actor secundario, dirección, adaptación-tradución, texto orixinal, música orixinal, iluminación, escenografía, maquillaxe e vestiario.

   A gala de entrega dos premios celebrarase o mércores 21 de marzo no Teatro Rosalía Castro da Coruña. Durante o acto, entregarase ademais o Premio de Honra Marisa Soto e darase a coñecer o Manifesto galego no Día mundial do teatro.