Banco Gallego inviste case 2 millóns para mellorar os servizos e a seguridade da súa plataforma on line

Actualizado: viernes, 5 diciembre 2008 19:11

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 5 Dic. (EUROPA PRESS) -

Banco Gallego realizou unha inversión próxima aos 2 millóns de euros para mellorar os servizos e procesos da súa plataforma on line -desenvolvida en colaboración con Indra-, así como a seguridade das operacións.

Ademais, incorpora un broker on line con ordes intelixentes, contratación a tempo real e información e asesoramento bolsista. Para reforzar a seguridade incorpóranse a tarxeta de coordenadas para asinar operacións e a posibilidade de usar o DNI electrónico.

A entidade destaca que a nova plataforma tecnolóxica constitúe un dos proxectos individuais máis relevantes do plan estratéxico de Banco Galego e foi desenvolvida coas últimas tecnoloxías dispoñibles para internet co obxectivo de mellorar a calidade do servizo aos clientes e reforzar a vocación multicanle do banco.

A nova banca on line pon a disposición do cliente a posibilidade de descargar duplicados de documentos enviados por correo, imprimilos ou baixalos ao ordenador en formato pdf, conseguir os movementos das súas contas en Excel e elixir como quere ver a súa información (por datas ou tipos de movementos). Así mesmo, permite á entidade xerar campañas de produtos acordes co perfil do cliente a través da páxina de inicio.