Eganet presenta unha ferramenta de formación de mercadotecnia on-line para empresas dedicadas a Internet

Actualizado: lunes, 29 septiembre 2008 10:43

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 29 Sep. (EUROPA PRESS) -

A Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías (Eganet) presenta hoxe unha ferramenta de aprendizaxe en formato CD-Rom sobre mercadotecnia on-line, destinada a empresas dedicadas a desenvolver accións de mercadotecnia na rede.

Así, será presentada no marco das Xornadas de Difusión de Accións Complementarias que organiza a Consellería de Traballo en Santiago de Compostela, co obxectivo de capacitar os traballadores de ocupacións técnicas das empresas dedicadas a Internet.

A nova ferramenta pretende mellorar o nivel de coñecemento dos cadros de persoal das empresas TIC, incidir "positivamente" na actitude cara á mercadotecnia on-line dos profesionais do sector. Ademais, esta acción formativa está deseñada para ser impartida a distancia baseándose na autoaprendizaxe cun modelo centrado en cada alumno.

En canto aos contidos, abordarase a evolución da mercadotecnia tradicional ao desenvolvido a través de Internet, a importancia de Internet como recurso empresarial e a elaboración dun plan de mercadotecnia, entre outros.

Esta iniciativa responde a unha enquisa realizada a traballadores de empresas asociadas a Eganet e a unha entrevista a persoas expertas de diferentes perfís; das que se desprende que oito de cada dez traballadores "están interesados" en recibir esta formación.