Ensaian o uso da pila de hidróxeno como alternativa ao gasóleo nos barcos de pesca

Actualizado: lunes, 21 mayo 2007 22:29

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 21 May. (EUROPA PRESS) -

O Centro Tecnolóxico da Pesca (CETPEC) ensaia a utilización da pilas de hidróxeno como combustible alternativo ao gasóleo para xerar enerxía nos barcos de pesca, tal e como se deu a coñecer hoxe na presentación das I Xornadas Técnicas CETPEC I+D+i 'Peixe Verde, enerxía e pesca' que se celebran en (Viveiro) e cuxa inauguración estivo presidida polo conselleiro de Innovación, Fernando Blanco.

O conselleiro participou, no marco das xornadas, no arranque da primeira pila de hidróxeno de uso industrial instalada en Galicia -en fase de ensaio-, que está situada nas aulas de formación do CETPEC, onde se fixo unha demostración da súa utilización.

A pila alimenta as cabinas que permiten as comunicacións terra-barco, aínda que nun futuro o obxectivo é que se aplique á flota, "reducindo así os custos derivados do incremento do gasóleo, un dos principais problemas do sector", na solución da cal traballa o proxecto 'Peixe Verde'.

O hidróxeno prodúcese a partir de enerxía eólica, "na que Galicia é líder", unha situación que, a xuízo de Blanco fai que esta experiencia "cobre maiores posibilidades de cara ao futuro". Neste sentido, referiuse ás dificultades que supón para a explotación das embarcacións de pesca a suba dos prezos do gasóleo, "un 75% nos últimos dous anos e, en consecuencia, os custos do combustible, son un elemento de risco para o sector.

Ademais, salientou a importancia de que as administracións públicas axuden a formular "solucións reais para agora e para o futuro que poidan ser aplicadas, que vaian máis alá do recurso de ofrecer subvencións".