Galicia foi a sétima CC AA que máis investiu en biotecnoloxía en 2005, algo máis de 18 millón

Actualizado: martes, 10 julio 2007 21:01

SANTIAGO DE COMPOSTELA/MADRID, 10 Jul. (EUROPA PRESS) -

Galicia foi a sétima comunidade autónoma que máis investiu en biotecnoloxía en 2005 con algo máis de 18 millóns de euros, segundo os datos provisionais publicados hoxe polo Instituto Nacional de Estatística (INE). No primeiro lugar situouse Cataluña, con 200 millóns, e o último, La Rioja, con 360.

No conxunto de España, o gasto en actividades de I+D en Biotecnoloxía ascendeu á 667 millóns de euros en 2005, o que supón un 32,4% máis que en 2004, e o 6,5% do gasto total nestas actividades de carácter interno, segundo datos provisionais do Instituto Nacional de Estatística (INE).

Este aumento do gasto estivo en liña co incremento do 34,9% das empresas que realizaron actividades de investigación e desenvolvemento (I+D) en Biotecnoloxía en 2005, unhas 400.

Por sectores, a Administración Pública presentou a maior porcentaxe do gasto español en I+D en Biotecnoloxía (39,4%), seguida das empresas (30,1%) e universidades (29,7%).

Concretamente, a Administración empregou 263 millóns de euros, o que supón un incremento do 43,5% respecto a 2004. No caso das empresas, o gasto ascendeu aos 201 millóns (+31,8%).

As actividades de I+D en Biotecnoloxía estiveron financiadas principalmente pola Administración Pública (56,2%) e as empresas (33,6%). O financiamento procedente do ensino superior, do estranxeiro e das Institucións privadas Sen Fins de Lucro (IPSFL) ascendeu ao 10,2% restante.