Investigadores da USC desenvolven un sistema de navegación en tres dimensións para turismos

Actualizado: lunes, 28 julio 2008 20:10

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 28 Jul. (EUROPA PRESS) -

Un grupo de estudiosos do Instituto de Investigacións Tecnolóxicas da Universidade de Santiago está traballando no desenvolvemento dun sistema de información xeográfica en tres dimensións portátil para turismos que prevé substituír aos actuais GPS.

Segundo explicou o coordinador do proxecto, Julián Flores, este sistema é similar á ferramenta 'Google Earth', que proporciona imaxes de satélites, mapas, terreos e edificios en 3D co obxectivo de pór toda a información xeográfica ao alcance de calquera usuario.

Fronte a este sistema, a novidade do produto deseñado prol os investigadores da USC radica na súa "adaptación ás necesidades específicas de funcionamento nun automóbil", así como a posibilidade de empregalo como sistema de navegación.

Este proxecto, denominado 3DNAV, o equipo de investigadores colabora co Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia, que traballa na modernización do sector automobilístico e pola adaptación dos vehículos ás novas tecnoloxías. O prototipo do 3DNAV xa foi presentado no Salón Internacional do Automóbil de Londres dentro de 'coche intelixente do século XXI'.