Investigadores da USC realizan un sistema que reduce a carga de nitróxeno nas augas residuais

Actualizado: jueves, 14 junio 2007 22:09

O sistema desenvolvido probouse con éxito en diversas conserveras galegas

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 14 Jun. (EUROPA PRESS) -

Investigadores da Universidade de Santiago de Compostela (USC) realizaron un sistema novidoso para o tratamento de augas residuais que logra reducir a carga de nitróxeno nas augas residuais, tal como esixe a lexislación europea.

O sistema será presentado mañá na Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC ás 12.00 horas, onde será lida a tese de doutorado que versa sobre este sistema para tratar as augas residuais que resulta, segundo os promotores, "máis económico e sostible" que os actuais.

O traballo foi realizado pola enxeñeira química Ana Dapena Mora, integrada no Grupo de Enxeñaría Ambiental e Bioprocesos da USC. Os directores da tese son os profesores Ramón Méndez Pampín e José Luis Campos Gómez.

Así, Méndez Pampín explicou que "tanto as augas residuais urbanas como os industriais conteñen compostos inorgánicos de nitróxeno que poden causar a proliferación de algas nas augas receptoras, asou como un efecto negativo sobre a fauna acuática".

Nesta liña, este experto lembrou que a lexislación actual regula os niveis que se poden verquer dos citados compostos. En concreto, en Europa existe unha tendencia, segundo indicou Méndez, a restrinxir cada vez máis a súa concentración. Isto xera, segundo matizou, a necesidade de aumentar a eficacia dos procesos biolóxicos convencionais que se empregan na actualidade nas depuradoras de augas residuais.

PROBADO EN CONSERVEIRAS

O sistema desenvolvido polo equipo da USC xa probouse con éxito en diversas conserveiras galegas. Méndez Pampín explicou que o proceso lévano a cabo de xeito natural microoganismos que están presentes en diversos ecosistemas, aínda que nunha porcentaxe moi pequena, debido a que crecen a unha velocidade moi baixa.

Deste modo, a primeira tarefa desta tese centrouse en obter cultivos con porcentaxes elevadas destes microorganismos. Isto conseguiuse a partir de lamas das depuradoras de Bertamiráns, Negreira e Padrón, coa colaboración da empresa Espina y Delfín.

Tras unha seria de estudos nos que se avaliou o efecto destes cultivos de laboratorio sobre diversos compostos presentes en augas ricas en nitróxeno, os investigadores deseñaron novos reactores co fin de optimizar a aplicación práctica do proceso.