A Semana da Ciencia programa hoxe 30 actos en Galicia, 12 en Santiago de Compostela

Actualizado: miércoles, 12 noviembre 2008 10:18

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 12 Nov. (EUROPA PRESS) -

A Consellería de Innovación, no marco da Semana da Ciencia, programou para hoxe un total de 30 actos en toda Galicia. Santiago de Compostela será o lugar que máis acolla, con 12 eventos relacionados con esta temática.

Así, na capital de Galicia haberá visitas ao Observatorio Astronómico Ramón María Aller, actividades divulgativas sobre MeteoGalicia, exposición de carteis sobre a Terra e o Sistema Solar e un ciclo de cinema sobre enfermidades infecciosas, entre outras actividades.

Na cidade da Coruña está prevista unha xornada de portas abertas nos museos científicos, mentres que en Ferrol se celebrará o espectáculo 'O Náufrago' para espertar a curiosidade dos máis pequenos a través de experiencias divertidas con base pedagóxica, así como un planetario móbil.

En Lugo iniciarase o alumnado de secundaria na actividade investigadora dentro dos centros do Campus universitario e en Vigo haberá talleres de Ciencia Mariña no Mercado de Bouzas da capital olívica.