SANTIAGO DE COMPOSTELA, 11 Sep. (EUROPA PRESS) -
A Universidade da Coruña (UdC) desenvolverá para a Consellería de Vivenda e Solo ferramentas informática en software libre cun dobre obxectivo, axilizar as xestións do departamento autonómico e facilitar información de forma doada aos cidadáns.
Este traballo, que desenvolverá un equipo da Facultade de Informática, será financiado con 205.000 euros por Vivenda e deberá estar finalizado no prazo dun ano, tras o convenio de colaboración asinado hoxe pola titular do departamento autonómico, Teresa Táboas, e o reitor da UdC, José María Barja.
Teresa Táboas subliñou que o equipo universitario elaborará un sistema de información xeográfica que permitirá "seguir os diferentes programas de política social de vivenda e optimizar a xestión ao achegalo máis axilidade".
Pola súa banda, dende o grupo da Facultade de Informática destacouse que as actuacións da consellería teñen en común "que se poden localizar no espazo", polo que os datos que se obteñan "pueden georreferenciarse", é dicir, situalos sobre unha representación cartográfica.
Calquera cidadán estará en disposición de poder comprobar dende un ordenador onde están as diferentes actuacións da consellería, podendo segmentalas por zonas e categorías, ademais de poder coñecer as súas características.
Así mesmo, o desenvolvemento destas ferramentas en software libre permitirá que os empresarios do sector das tecnoloxías da información e a comunicación (TICs) e os seus clientes poidan dispoñer destas de xeito gratuíto e non ter que comprar licenzas.
José María Barja, reitor da UdC, celebrou a colaboración coa consellería e púxoa como exemplo de como transferir coñecemento dende a entidade académica á administración, coa participación de amplo grupo de técnicos e profesionais informáticos.