Unha empresa galega presenta en Navalia un motor para a propulsión híbrida de buques

Actualizado: miércoles, 19 mayo 2010 19:13

VIGO, 19 May. (EUROPA PRESS) -

A empresa galega VICUSdt presentou hoxe na Feira Internacional da Construción Naval (Navalia) un innovador motor de imáns permanentes para a propulsión híbrida de buques e que, ademais, pode funcionar como xerador de enerxía.

Esta máquina é un prototipo cunha potencia de 25 kw e supón, segundo a empresa, "un fito na carreira por consolidarse no sector dos accionamentos eléctricos novidosos".

Así o motor está directamente conectado á carga e pode proporcionar máis potencia cunha unidade de menos tamaño, de modo que o control de velocidade é máis rigoroso e se logra maior eficiencia enerxética sen necesidade de caixas redutoras, codificadores de impulsos e outros compoñentes auxiliares.

Outra das vantaxes é que, ao non existir deslizamento do rotor, alcanza velocidades moi precisas e mellora o control dinámico do motor. Así mesmo, é máis silencioso que a maioría dos motores convencionais, e as súas compoñentes e funcionamento cumpren as máis esixentes normas de seguridade e calidade.