A Xunta crea unha aplicación informática para evitar a linguaxe sexista nos textos administrativos

Actualizado: lunes, 19 enero 2009 13:08

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 19 Ene. (EUROPA PRESS) -

A secretaria xeral de Igualdade, Carmen Adán, presentou hoxe en Santiago unha nova aplicación informática creada en colaboración coa Consellería de Industria para evitar a linguaxe sexista nos textos administrativos e que porá en funcionamento dende hoxe nos diferentes departamentos autonómicos.

Segundo explicou Adán, a aplicación, coñecida como Exeria, pretende ser "un dicionario e glosario lingüístico" de linguaxe non sexista que detecte sesgos de xénero nos documentos administrativos e ofreza ao instante ata cinco alternativas de cambio que se realizarán ao momento, grazas a que traballa sobre o propio editor de textos.

A interface, que pretende ser "moi sinxela", está composta ata o momento por 129.282.184 termos que recollen "as palabras máis empregadas na administración" e que se irán ampliando. Así mesmo, na substitución de termos sexistas, o programa aposta principalmente por sinónimos ou grupos de palabras de carácter xeral que eviten o sesgo de xénero.

A selección destes termos, apuntou a secretaria xeral, está baseada no uso da lingua apoiado na "análise de textos do ámbito da administración" e ofrece a novidade de ser unha ferramenta de substitución inmediata, xa que as anteriores "eran guías feitas en papel".

A nova aplicación está dispoñible dende hoxe no enderezo electrónico http://www.exeria.net, dende onde pode ser descargada por todas as persoas interesadas en código aberto. Así mesmo, dentro da web do proxecto existe un buscador de termos que permite consultar as solucións ás dúbidas máis habituais e unha caixa de correo de suxestións para os termos aínda non incluídos.