A Xunta destina máis de catro millóns de euros a proxectos de investimento tenológica e industria ambiental

Actualizado: domingo, 9 septiembre 2007 14:35

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 9 Sep. (EUROPA PRESS) -

O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) --dependente da Consellería de Economía-- destinará máis de catro millóns de euros para apoiar proxectos de inversión tecnolóxica en diversos sectores, equipamento turístico e industria ambiental en empresas galegas, que poderán optar a estas axudas ata o próximo 15 de setembro.

Así, coa liña de apoio a proxectos de investimento empresarial de carácter tecnolóxico, o Igape avalará os investimentos en bens de equipo de empresas de sectores tan distintos como a industria, o trasporte de servizos avanzados, as empresas electrónicas, de biotecnoloxía ou robótica, entre outras actividades.

En canto á liña de axudas no sector turístico, a Xunta apoiará os investimentos en equipamento xeral en hoteis de catro ou máis estrelas, balnearios ou baños, ademais de subvencionar a adquisición de propiedade industrial e intelectual.

Respecto aos proxectos ambientais, o Igape convocou unha liña de axudas para proxectos de ampliación de industrias ambientais con investimentos a partir de 600.000 euros e ata tres millóns co obxectivo de apoiar a implantación de proxectos de eliminación, valoración ou reciclaxe de residuos, redución ou eliminación da contaminación.

Ademais, o Igape realizou unha nova convocatoria de apoios para o fomento de iniciativas de coñecemento nas Pequenas e Medianas Empresas (Pymes), a través de axudas para a elaboración e implantación de diagnósticos empresariais ou para proxectos de deseño corporativo.