A Xunta invirte case 800.000 euros en ampliar a Tecnópole e duplicar a súa facturación e número de empregos

Actualizado: jueves, 13 noviembre 2008 19:49

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 13 Nov. (EUROPA PRESS) -

A Consellería de Economía e Facenda invisterá 792.000 euros na ampliación da Tecnópole, que duplicará a súa superficie actual co obxectivo de lograr o mesmo, en 2012, en facturación e número de empregos.

Tras a autorización do Consello da Xunta ao departamento que dirixe José Ramón Fernández Antonio para a compra de accións na ampliación de capital do Parque Tecnolóxico de Galicia, o Goberno galego manterá a súa participación do 45 por cento.

Na rolda de prensa posterior á reunión semanal de conselleiros, Touriño detallou que a previsión pasa por que o chan dispoñible pase dos 550.000 metros cadrados actuais a case un millón e que as 30 empresas que alberga se convirtan en 180.

Ademais, o obxectivo para o horizonte de 2012 é pasar duns 1.700 traballadores e unha facturación de 123 millóns de euros a 3.000 traballadores e 200 millóns de euros de volume de negocio.

Ao respecto, Touriño considerou que a Xunta fai "unha aposta estratéxica seria" pola actividade industrial e de servizos "nunha das provincias interiores" de Galicia, na dirección da "actividade, o emprego e o equilibrio".

ÁREAS DE ESTACIONAMENTO

Por outra banda, tamén se autorizou á Consellería de Política Territorial a sinatura dun convenio co Concello de Silleda (Pontevedra) para a construción de dúas áreas de estacionamento de autobuses.

Cun importe de 215.000 euros, a Xunta prevé que a construción destas áreas contribuirá a potenciar o uso do transporte público e axudará á reordenación do tráfico de autobuses, ao tempo que mellorará a calidade do servizo para os usuarios.