A Xunta ofrece "todo o seu apoio" para a creación dun dominio específico en Internet sobre contidos galegos

Actualizado: jueves, 2 julio 2009 21:55

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 2 Jul. (EUROPA PRESS) -

A Xunta de Galicia ofreceu hoxe "todo o seu apoio" á asociación 'PuntoGal' para "avanzar" na creación dun dominio específico en Internet destinado a contidos e sitios web propiamente galegos e "para a lingua e a cultura" da Comunidade Autónoma.

Nunha reunión que celebraron coa secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica de Presidencia, Mar Pereira, o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, representantes da asociación 'PuntoGal' explicaron que "está previsto que se avance" na aprobación do '.gal' na "primeira metade do próximo ano".

Así mesmo, o organismo encargado da concesión de novos dominios, o Icann, publicará a finais de 2009 a guía final que explicarán todos os requisitos que deberán cumprir as candidaturas que desexen obter un dominio, polo que 'PuntoGal' confía en recibir as primeiras solicitudes "no primeiro trimestre de 2010.

A asociación 'PuntoGal' integra varias entidades promotoras --como a Real Academia Galega-- co obxectivo de crear un espazo en Internet para agrupar a todas as webs con contidos en galego.