A Xunta subvenciona con máis de 4 millóns proxectos de investigación básica do sistema público de I+D+i

Actualizado: miércoles, 30 julio 2008 21:15

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 30 Jul. (EUROPA PRESS) -

A Consellería de Innovación publicou no seu web a resolución parcial da convocatoria de Promoción Xeral de Investigación, que nas súas catro modalidades subvencionará proxectos por máis de 4 millóns de euros.

Así, serán apoiadas iniciativas para investigación básica, para a elaboración de propostas ao VII Programa Marco, para a organización de congresos e reunións científicas e para a asistencia a eventos destas características que se celebren fóra de Galicia.

Nesta primeira resolución adxudícanse algo máis de 4,1 millóns de euros dos case 6,5 cos que está dotada a convocatoria, correspondentes ás modalidades de proxectos de investigación, organización de congresos e asistencia a reunións científicas.

A modalidade de axudas para a elaboración de propostas do VII Programa Marco así como unha parte dos proxectos de investigación básica serán resoltas previsiblemente no próximo mes de setembro.