Defensor do Paciente ve "perigosa" a posición da Sociedade de Pediatría respecto da "inviabilidade" de Verín

Publicado: sábado, 7 diciembre 2019 17:38

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 7 Dic. (EUROPA PRESS) -

O Defensor do Paciente cualificou de "perigosas" as manifestacións da Sociedade de Pediatría respecto da "inviabilidade" do paritorio do hospital comarcal de Verín, en Ourense.

En concreto, a esta asociación asómbranlle " e preocupan as declaracións da Sociedade de Pediatras de Galicia na que avalan a non viabilidade de Verín".

Con iso, advirte, "responsabilízanse publicamente dos sucesos que poidan acaecer ás parturientas e bebés, xa que parece obvio que se pon á beira da administración esquecendo un perigo latente, na distancia dunha hora para parir".

"Estas manifestacións non son propias dos que deben velar non polos recortes se non pola seguridade de nais e bebes", recalca o colectivo a través dun breve comunicado remitido aos medios.

A decisión do Sergas de pechar o paritorio de Verín, medida para a que se basea en informes de carácter técnico, provocou gran contestación social e política.