Falece un home após ser rescatado da auga na zona do Millenium, na Coruña

Publicado: domingo, 21 julio 2019 11:29

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 21 Jul. (EUROPA PRESS) -

Un home perdeu a vida na tarde deste sábado despois de ser rescatado da auga preto da zona do Millenium, na cidade da Coruña.

Foi un viandante o que viu como o mar golpeaba contra as rocas a un home, polo que alertou ao 112 Galicia para pedir axuda.

Así, un operativo formado por Salvamento Marítimo, Policía Nacional, profesionais sanitarios e socorristas da praia de Riazor sacaron ao home da auga e trataron de reanimalo na beira, lamentablemente sen éxito.

Tal como informaron fontes de Salvamento Marítimo a Europa Press, o suceso ocorreu sobre as 18,25 horas deste sábado. Así, após recibir a chamada de alerta, o helicóptero 'Helimer 401' de Salvamento saíu de base.

Con todo, non chegou a intervir, xa que sobre as 18,35 horas o home xa fora rescatado por unha moto de auga. "Todo ocorreu moi rápido", sentenciaron.