Gonzalo Caballero apela a facer un "exercicio de responsabilidade" para que non goberne "a peste política"

O ministro de Fomento, José Luís Ábalos, en Lugo
EUROPA PRESS
Publicado: sábado, 19 octubre 2019 15:59

   LUGO, 19 Oct. (EUROPA PRESS) -

   O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, volveu a advertir que o 10 de novembro "xogámonos a España que queremos" e que é necesario "facer un exercicio de responsabilidade política" para evitar que "a liña ideolóxica que lidera Abascal" non goberne no país durante o próximos catro anos, que sería "a peste política".

   Así o manifestou nun encontro dos socialistas este sábado en Lugo, no que tamén participou o ministro de Fomento, José Luís Ábalos. Nel, Caballero lembrou que o Goberno se atopa en "circunstancias complexas de minoría", pero que "en dez meses de mandato e despois na etapa en funcións, está a demostrar que se poden subir as pensións, que se pode subir o Salario Mínimo Interprofesional, apostar polo estado de benestar, a educación pública, a sanidade pública, pola dependencia. Non é o mesmo que goberne a dereita que goberne a esquerda", sentenciou.

   No lado oposto atópase a "ultradereita coa que pacta o Partido Popular", unha forza de dereitas que "non cambiou". "O único cambio que fixo Pablo Casado dende abril ata aquí é que se deixou barba. No demais non hai ningún cambio", sinalou.

   Gonzalo Caballero tamén subliñou que "temos un reto por diante, non podemos caer na falta de compromiso, é máis necesario que nunca o impulso de todos e todas, porque un goberno do PP coa ultradereita sería unha peste política para España e para Galicia".

CRÍTICAS A FEIJÓO

   Tamén cargou contra o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, ao que acusou de non defender aos pensionistas galegos "cando o Partido Popular mandáballes cartas dicindo que as pensións só podían subir un 0,25 por cento". Sobre iso, engadiu que "cando gobernaba Rajoy en España, Feijóo dicía que todo ía ben" e agora cos socialistas "todo lle parece mal".

   Ademais, tamén o acusou de perder a "centralidade e o rumbo político despois das derrotas electorais de abril e maio en Galicia e que pon a estratexia de confrontación ditada polo PP no seu pacto coa ultradereita por encima dos galegos e galegas", afeaba finalmente.