Morre unha persoa nun accidente de tráfico en San Cristovo de Cea

Publicado: martes, 16 octubre 2018 16:33

OURENSE, 16 Oct. (EUROPA PRESS) -

Unha persoa resultou falecida nunha violenta colisión ocorrida no mediodía deste martes no municipio ourensán de San Cristovo de Cea, onde chocaron un camión e unha furgoneta.

Segundo informou o Centro Integral de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o choque tivo lugar sobre as 14,00 horas na estrada OU-504, á altura de San Facundo, no termo municipal de Cea.

Até a zona desprazáronse os Bombeiros do Carballiño, que tiveron que liberar tanto á vítima mortal, o condutor da furgoneta, como ao condutor do camión, que foi trasladado polo helicóptero medicalizado do 061 até un centro hospitalario.

No operativo participaron, ademais, efectivos da Garda Civil de Tráfico.