As matronas protestan contra do peche do paritorio de Verín.
EUROPA PRESS - Archivo
Actualizado: sábado, 18 enero 2020 18:49

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 18 Ene. (EUROPA PRESS) -

O Sergas avanzou este sábado que formalizará a próxima semana a contratación de dous pediatras para o hospital de Verín (Ourense) para a atención de recenteme nados, mentres que prevé a reapertura do paridoiro "nos primeiros días" de febreiro, após permanecer pechado desde comezos de decembro, nunha decisión que provocou gran contestación social.

Nun comunicado, a xerente do hospital de Verín, Guillermina Agulla, informa de que se traballa na redacción dun protocolo para retomar con garantías e seguridade a atención aos partos ao comezo do próximo mes.

"Se son sincera, non viñen só para reabrir o paridoiro, o meu desexo é potenciar o hospital de Verín, e facer un hospital innovador do que nos sintamos orgullosos del tanto os profesionais como os usuarios", explica Guillermina Agulla nun audio distribuído aos medios pola Consellería de Sanidade.

O propio presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, xa afirmara esta semana que había contactos "avanzados" con pediatras, na liña dos contactos que a propia directora do distrito sanitario trasladou recentemente nunha entrevista concedida a Europa Press.