SOS Sanidade Pública proporá este luns en Verín unha "gran mobilización unitaria" contra a Xunta

Publicado: sábado, 7 diciembre 2019 19:03

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 7 Dic. (EUROPA PRESS) -

SOS Sanidade Pública celebra un encontro este luns en Verín (Ourense) para apoiar as mobilizacións e peches da poboación e traballadores sanitarios en contra da decisión de suprimir o paritorio do hospital comarcal.

Segundo informa a plataforma, o obxectivo é "mostrar a solidariedade coa área de Verín das numerosas organizacións que veñen loitando desde hai anos na defensa do sistema sanitario público galego".

Tamén busca "valorar o desmantelamento dos hospitais comarcais galegos após a reforma da lei galega de sanidade, destinada a recentralizar o sistema".

Proporá unha "gran" mobilización "unitaria" contra a política "de privatización" da Consellería de Sanidade e a Xunta para analizar noutra reunión o día 12 en Santiago, "onde se valorará tamén o resultado da negociación da reforma da Atención Primaria e a situación de Povisa".

Aberto a toda a cidadanía, o encontro celebrarase este luns día 9 ás 17,30 horas no Auditorio de Verín, segundo informa SOS Sanidade Pública.