System of a Down, cabeza de cartel do Resurrection Fest Estrella Galicia 2020

System of a Down
RESURRECTION FEST - Archivo
Publicado: jueves, 19 septiembre 2019 11:14

    MADRID / SANTIAGO, 19 Sep. (EUROPA PRESS) -

   System of a Down será a cabeza de cartel do Resurrection Fest Estrella Galicia 2020, que se celebrará do 1 ao 4 de xullo no emprazamento habitual de Viveiro (Lugo).

   "A banda máis pedida deste ano nas nosas enquisas, un das maiores cabezas de cartel do ano nos festivais europeos de metal e unha das maiores bandas de metal da historia, estará tamén en Viveiro con data exclusiva en España para 2020", apunta o comunicado remitido a Europa Press.

   A organización anticipa que o de System of a Down "será un concerto de longa duración e con todos os éxitos da banda que soaron en radios e televisións ao longo da súa carreira". "Converterase sen ningunha dúbida nun dos concertos máis históricos que xamais vimos no festival", remarca o comunicado.

   Após esta primeira confirmación, Resurrection Fest, que celebra en 2020 o seu quince aniversario, anunciará "moitas máis bandas" este próximo luns 23 de setembro. As entradas poranse á venda ás 11:00 horas do 1 de outubro en www.resurrectionfest.es.