Actualizado 10/07/2006 21:49

Nota de sustitución a la noticia titulada 'Rural.- Unhas 211 marcas de 146 adegas de todas as denominacións de orixe...'

Galicia Actual

POR ERRO NA FONTE INFORMANTE A NOVA QUEDA COMO SIGUE:

Un total de 211 marcas de 141 adegas de todas as denominacións de orixe participan na XVIII Cata dos Viños de Galicia


SANTIAGO DE COMPOSTELA, 10 Jul. (EUROPA PRESS) -

A XVIII Cata dos Viños de Galicia, que organiza a Consellería do Medio Rural, someterá a avaliación dunha ducia de expertos a un total de 211 marcas de 141 adegas de todas as denominacións de orixe. As probas para coñecer os mellores caldos galegos desenvolveranse desde mañá e ata o xoves no IES Compostela, en Lamas de Abade, en Santiago de Compostela.

As catas dos viños que compiten nesta ocasión por obter o recoñecemento como os mellores caldos de Galicia comezarán mañá, ás dez e media da mañá. Os expertos encargados da avaliación son especialistas de recoñecido prestixio que pertencen a algunha asociación de catadores e/ou enólogos; realizan críticas en medios de comunicación; ou que desenvolven o seu traballo en empresas e distribuidoras, entidades privadas ou públicas vinculadas co sector.

Os viños das 211 marcas galegas a concurso serán sometidos á análise sensorial realizada por unha ducia de catadores, na denominada Cata de Selección, que se prolongará ata o mércores. O xoves terá lugar a Cata Final, aínda que os resultados da mesma non se darán a coñecer ata o día seguinte, venres no decurso dun xantar de honra celebrado no Balneario de Mondariz (Pontevedra).

AUGARDENTES DE GALICIA

Por outra banda, a VIII Cata das Augardentes de Galicia tivo lugar hoxe no IES Compostela. Meste caso, houbo 25 marcas a concurso, pertencentes a 21 empresas produtoras sometéronse a unha análise sensorial, realizada por un panel de expertos.

O obxectivo desta cata é potenciar as augardentes protexidas por denominación, fomentando o recoñecemento público da súa calidade. Os gañadores desta edición coñeceranse tamén o venres.