Rural.- Medio Rural declara firme a concentración parcelaria do Monte Moreira en A Estrada (Pontevedra)

Actualizado: sábado, 15 julio 2006 19:51

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 15 Jul. (EUROPA PRESS) -

A Consellería de Medio Rural declarou firme o acordo de concentración parcelaria na zona do Monte Moreira, no concello pontevedrés de A Estrada, tras resolver os recursos de alzada interpostos e as cuestións pendentes. A inversión total superou os 850.000 euros co obxetivo de acondicionar as fincas e ofrecer un servicio técnico.

A Dirección Xeral de Estructuras e Infraestructuras Agrarias valorou o "interese agrario e social" deste proxecto pois supón a mellora das explotacións agrícolas e forestais, a modernización e mellora das vías de comunicación e acceso ás novas fincas, ademáis dunha mellora documental da titularidade das fincas.

Asemade, se melloran as labores de cara á prevención de incendios forestais e o incremento do nivel económico e social da zona de A Estrada. Neste proxecto participan 427 propietarios e máis de 2.000 fincas, que se beneficiarán dun aumento da superficie dos terreos de máis de 2.000 metros cadrados.

O investimento en servicios técnicos realizado por Medio Rural foi de 182.000 euros, destinados principalmente ao levantamento de planos e a redación do proxecto de camiños e concentración parcelaria.

As obras realizadas na rede de camiños de servicio e o acondicionamento das fincas supuxo un investimento de case 15.000 euros. Medio Rural destinará tamén 65.000 euros para a contratación de obras de mellora da rede de camiños.