Rural. - Medio Rural organiza unhas xornadas sobre tecnoloxía de millo para forraxe

Actualizado: sábado, 23 septiembre 2006 19:33

SANTIAGO DE COMPOSTEla, 23 Sep. (EUROPA PRESS) -

A Consellería do Medio Rural organiza para o próximo 27 e 28 de setembro no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo unhas Xornadas sobre Tecnoloxía do millo para forraxe, co obxectivo de dar a coñecer os últimos avances, resultados e investigacións sobre o cultivo e a utilización deste produto destinado ao alimento do gando.

O curso, que terá unha duración de 15 horas, está dirixido aos propios técnicos da Consellería de Medio Rural, así como a técnicos de cooperativas e de organizacións profesionais agrarias que teñan especial interese en coñecer a mellora xenética do millo para forraxe e os novos híbridos, o cultivo e as técnicas produtivas desta variedade, ou o seu valor nutricional ou a utilización deste na produción do leite e no engorde dos tenreiros.

Esta acción formativa inclúe visitas a campos de ensaio e explicación didácticas nas propias zonas de cultivo.