Innova.- O COAG crea unha aplicación informática que simplifica a redacción das memorias dos proyectos arquitectónicos

Actualizado: lunes, 3 abril 2006 21:07

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 3 Abr. (EUROPA PRESS) -

O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) presentará mañá martes, na delegación que o Colexio ten en Ourense, unha aplicación informática que simplifica o traballo de redacción das memorias dos proxectos arquitectónicos garantindo a calidade do seu contido. O programa entregarase a todos os colexiados galegos e presentarase nos próximos días nas distintas delegacións que o COAG ten en Galicia.

Este programa informático é froito do traballo de máis de dous anos realizado pola Comisión de Asesoramento Tecnolóxico do COAG. O programa cubre automaticamente todos os documentos que integran a memoria do proxecto así como os necesarios para a tramitación da licencia municipal, evitando incongruencias ou duplicidades e garantindo a súa integridade.

A primeira versión do programa é de aplicación só para vivendas unifamiliares, pero en breve aplicarase a outras tipoloxías. Todos os arquitectos que estén colexiados poderán dispór deste programa gratuitamente. O desenvolvemento desta aplicación informática enmárcase nas actividades que organiza o COAG co fin de mellorar a calidade dos servizos que prestan os arquitectos á sociedade e, como consecuencia, á mellora da calidade da edificación e do entorno.

Está previsto que o programa se adapte ao profundo cambio normativo que suporá a entrada en vigor do Código Técnico de Edificación e que traerá un gran avance nos estándares de calidade e aforro enerxético da edificación en España.