Alcaldes da comarca da Coruña exporán o luns ao presidente da Xunta as súas demandas en materia de infraestructuras

Actualizado: sábado, 21 enero 2006 18:08

A CORUÑA, 21 Ene. (EUROPA PRESS) -

Alcaldes da comarca da Coruña entrevistaranse o luns co presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, en resposta a convocatoria feita aos concellos para expoñerlles a prórroga de investimentos previstos para a zona ao longo do presente exercicio e noutros futuros.

Os rexidores aproveitarán a xuntanza para analizar as melloras pendientes na comarca en ámbitos como a saneamento, viais e transporte e que responden a demandas feitas polo Consorcio das Mariñas e o Foro do Mariñán, segundo informou o Concello de Oleiros.

Nun comunicado, o alcalde de Oleiros, Angel García Seoane, un dos rexidores que asistirán á xuntanza, asegura que estas demandas xa foron plantexadas ao anterior Goberno autonómico, pero engade que "aínda non foron concretadas".