Amigos da Terra realizará diversas actividades para reinvindicar a protección do planeta no Día Mundial da Terra

Actualizado: lunes, 17 abril 2006 22:36

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 17 Abr. (EUROPA PRESS) -

A asociación Amigos da Terra levará a cabo diferentes actividades o vindeiro sábado día 22 de abril para reinvindicar a necesidade de protección que o planeta require, con motivo da xornada na que se conmemora o Día Mundial da Terra.

O colectivo explicou nun comunicado que o Centro IRIS diseñará o sábado roteiros que poderán ser camiñados en vindeiros días polos cidadáns, disfrutando por una banda do entorno e por outra detectando delitos ecolóxicos gracias a GPS e outras ferramentas.

Ademais, Amigos da Terra dará información na rúa para sensibilizar ós viandantes sobre a temática este ano do Día da Terra, o cambio climático. Tamén se ofrecerá unha charla sobre a realidade da nosa sociedade na xestión da enerxía e no uso do petróleo, coa alternativa de empregar aceite vexetal como carburante nos coches diésel.