A Asociacion de Actores, Directores e Técnicos amosa o seu "abraio" pola demisión da directora do CDG

Actualizado: viernes, 10 marzo 2006 19:28

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 10 Mar. (EUROPA PRESS) -

A Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Escena quere amosar o seu "abraio" pola demisión da directora do Centro Dramático Galego -CDG-, Ánxeles Cuña, e reclamou que o posto vacante se cubra "de inmediato".

Nun comunicado, sinalaron a súa "extrañeza" polo feito de que os técnicos do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (Igaem), "ou quen teña encomendada esa tarefa, necesitasen "tanto tempo" para ditaminar a imposibilidade legal de redactar un contrato segundo as condicións previas que no seu momento pediu Ánxeles Cuña para dirixir o CDG.

"A nosa Asociación non pode ser contraria ao exercicio do rigor legal por parte dos entes encargados da xestión cultural, rigor que, polo que se ve, non se aplicou na etapa anterior", sinalou ao tempo que "lamentou" que estes restrasos non supoñan un "factor retardatario" do desenvolvemento dun proxecto que "non pode retrasarse máis".

Neste senso, esixiu que ese mesmo "rigor" se aplique tamén en todo o que atinxe á "eficacia e optimización" do labor do Igaem. Por iso, instaron as institucións "pertinentes" a que emprendan as reformas estruturais e normativas "necesarias" para que o Igaem e as súas unidades poidan ser entes" áxiles e imaxinativos" no seu funcionamento administrativo.

Por outra parte requeriu que o posto vacante de Ánxeles Cuña se cubra "de inmediato", e solicitou do novo director ou directora deste ente que respete a "súa liberdade de acción".