A Asociación Cultural Arela do Porriño abriu o prazo de presentación de traballos ao Festival de Cans

Actualizado: lunes, 13 febrero 2006 21:02

VIGO, 13 Feb. (EUROPA PRESS) -

A Asociación Cultural Arela anunciou hoxe que o prazo de presentación de curtametraxes galegas para participar no Festival de Cans que se desenvolverá no Porriño os días 19 e 20 de maio, permanecerá aberto ata o 28 de febreiro.

Nun comincado, a organización do certame sinalou que está inmersa no proceso de selección das cintas participantes no festival e animou hoxe aos autores e produtores de curtametraxes a participar neste festival. Así, os interesados pode enviar copia do seus traballos por correo ordinario ou por e-mail ao enderezo festival06@festivaldecans.com.

Os aspirantes deberán presentar traballos en galego producidos entre os años 2004 e 2006 en formato DVD. Asemade, dacordo coas bases, o festival contará cunha sección de ficción e outra de animación ademais de seccions alternativas como o "Japón Friki".

O Festival de Cans pretende dar a coñecer a produción galega de curtametraxes e achegar o traballo dos novos autores do audiovisual galego ao entorno rural. "O certame, que non ofrece premios en metálico aos seus gañadores, aproveita a relevancia mediática que acadou este festival para dar a coñecer a un público amplo as curtas vencedoras", sianalou o comunicado.

Asemade, a organización establecerá ao remateo festival un circuíto para a proxección dos filmes gañadores en diferentes localidades de Galicia, que fai que estas cheguen a un número de espectadores significativo.