23 de enero de 2021
27 de junio de 2006

A Asociación Val de Láncara convoca o Premio Ramón Piñeiro para galardoar á entidade ou persoa galega que "faga país"

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 27 Jun. (EUROPA PRESS) -

A Asociación Cultural 'Val de Láncara' presentou hoxe, en Santiago de Compostela, a convocatoria da quinta edición do 'Premio Ramón Piñeiro Facer País' co que galardoarán a aquelas persoas ou entidades que desenvolveran algún "labor destacado" a prol de Galicia.

Deste xeito, a presidenta desta asociación e directora do colexio Ramón Piñeiro de Láncara (Lugo), Rita Casteda, apuntou hoxe que o prazo para presentar as prospostas para este certame permanecerá aberto ata o próximo 31 de xullo. A continuación, comezará un tempo de tres días para a apertura das candidaturas.

Entre os criterios que sinalaron os responsables deste evento, está a avaliación dos galegos ou entidades que xestaran nos seus colectivos a loita pola defensa da cultura galega, sen estar suxeitas a ningún tipo de serviudmes nin limitacións xeográficas ou de calquera tipo.

Ademais, cada asociación ou entidade poderá presentar un máximo de cinco propostas no certame na que os candidatos deberán engadir a argumentación e xustificación dos seus méritos para recibir este galardón.

Así, a entrega do premio farase nun acto solemne no que o candidato ou entidade será homenaxeado e no que recibirán o galardón a mans do anterior laureado, que nesta ocasión se trata de Xosé Manuel Beiras Torrado, segundo indicou o representante das asociaciónsdo Val de Neira e comarca de Sarria, Iago Bande Cortizo.

PREMIO DUN ARTISTA

Segundo indicaron os representates deste evento, o premio constituirá unha obra de arte --escultura ou pintura, entre outros--, dun autor galego, co obxectivo de "potenciar aos artistas galegos" e as súas creacións.

Así, este evento que conta coa colaboración da Caixa Rural Galega, do Concello de Láncara e, por primeira vez, coa Consellería de Cultura, xa premiaron a Isaac Díaz Pardo, Luís Tosar, o Grupo Milladoiro e a Beiras Torrado, en ateriores edicións.