O 'barco da memoria' levará a Portosín e Muros a súa exposición 'os mártires do mar', sobre a represión franquista

Actualizado: miércoles, 9 agosto 2006 20:30

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 9 Ago. (EUROPA PRESS) -

O barco de vapor restaurado 'Hidria II', coñecido como o 'barco da memoria', que está percorrendo este verán a costa galega para amosar a represión franquista en diferentes pobos mariñeiros, levará durante esta semana a exposición 'Os mártires do mar' ó peirao de Portosín e a Muros (A Coruña).

Según indicou a Consellería de Cultura nun comunicado, a embarcación chegará mañá a Portosín, e abrirá as súas portas entre as 12.00 e as 14.00 e entre as 18.00 ás 22.00 horas. No mesmo día da súa chegada, ás 19.00 horas terá lugar o relatorio "O 36 en Noia e Portosín" a cargo do historiados Xerardo Agrafoxo.

Ademais, en torno ás 22.00 horas celebrarase a presentación do "Cartafol da memoria 5: o balandro, María Teresa e o comercio marítimo entre Vigo e Porto do Son no século XX', de Manuel Mariño del Río.

Pola súa parte, o día 11 haberá no peirao de Portosín ás 19.00 horas un relatorio do escritor Xosé María Monterroso Devesa sobre a 'Emigración e exilio na Galicia de 1936'. Unha hora máis tarde pecharase a Semana da Memoria no Barbanza coa actuación musical de Estíbaliz Espinosa.

O HIDRIA EN MUROS

O día 12 o 'barco da memoria' chegará a Muros e abrirá as súas portas para presentar o número 170 de Grial 'Memoria do 36' da man de Victor Freixanes e Henrique Monteagudo.

Asimesmo, ó día seguinte terá lugar a presentación do número tres de Ardentía, revista da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, nun acto no que intervirá Luis Rei, do consello de redacción. A continuación está previsto que Xan Mariño e Xosé Agrelo Hermo pronuncien unha conferencia acerca de 'O 36 na ría de Muros'.