O BNG de Lugo pide a comparecencia do concelleiro de seguridade para explicar a acción dos bombeiros durante o Gordon

Actualizado: sábado, 23 septiembre 2006 19:13

LUGO, 23 Sep. (EUROPA PRESS) -

O voceiro do BNG no Concello de Lugo, Xosé Anxo Lage, pediu a comparecencia en pleno do concelleiro se Seguridade e Protección á Cidadanía, José Ángel González Corredoira, para explicar as accións do servizo municipal de bombeiros durante o paso do furacán Gordon pola cidade.

Segundo denunciou hoxe o grupo nacionalista nun comunicado de prensa, o pasado xoves o dispositivo de bombeiros "só contou" con cinco efectivos para atender posibles urxencias entre as 9 e as 10.30 horas, momento de máis incidencia do furacán.

Para Lage, esta situación demostra unha "irresponsabilidade gravísima" nun día de alto risco de accidentes, cando habitualmente o servizo de bombeiros conta con 10 efectivos.