O candidato a reitor da USC Senén Barro propón a creación dun Observatorio da Docencia

Actualizado: miércoles, 26 abril 2006 22:04

LUGO, 26 Abr. (EUROPA PRESS) -

O candidato a renovar o cargo de reitor da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Senén Barro, destacou hoxe en Lugo entre as máis de 300 medidas dos seus compromisos electorais, a "consolidación e reforzo" do camiño percorrido nos últimos anos para a mellora da calidade docente e investigadora da USC e apostou pola creación dun Observatorio da Docencia.

Dentro deste obxectivo, Barro avogou por un Observatorio da Docencia para a "avaliación permanente" do funcionamento dos planos de estudo e das titulacións. O candidato lembrou tamén o compromiso do seu equipo para manter a Homologación Europea da Facultade de Veterinaria acadada nos últimos anos.

Esta medida concreta enmárcase dentro dunha serie de propostas recollidas no documento presentado onte, día de comezo da campaña electoral, coa fin de introducir á USC no Espazo Europeo de Educación Superior (EEES) como unha das principais institucións académicas.

Durante os últimos anos a USC acadou un "lugar privilexiado" dentro das universidades españolas pero, segundo afirmou o candidato a reitor nas eleccións o día 10 do próximo mes de maio, "os próximos anos a realidade sobrepasa as liñas do Estado español e esixe entrar tamén dentro dos primeiros da zona".

Neste sentido, Senén Barro tamén presentou a súa intención de apoiar a mobilidade dos docente e investigadores e a colaboración con grupos de investigación e docencia doutras universidades. Con este obxectivo, nos

Asemade, indicou que nos próximos anos crearase un Plan de Internacionalización para orientar, coordinar e intensificaranse as accións no campo da interacción, a colaboración, a mobilidade e a presencia internacional da USC. Ademais, no programa de Senén Barro figuran outras medidas complementarias co mesmo obxectivo como a elaboración dun Plan USC de I+D+i que proxecte á USC ao Espazo Europeo de Investigación.