Case 1.300 rapaces da provincia da Coruña participarán nos 'Campamentos deportivos' e no 'Campus de fútbol' 2006

Actualizado: lunes, 24 abril 2006 20:20

A CORUÑA, 24 Abr. (EUROPA PRESS) -

A Deputación da Coruña abriu o prazo de inscrición para os 'Campamentos deportivos' e o 'Campus de fútbol' de 2006, actividades destinadas a rapaces de entre 9 e 13 anos da provincia e que se desenvolverá durante os meses de xuño e xullo na Coruña. En total, case 1.300 xóvenes da provincia participarán nestas actividades.

Segundo informou hoxe o organismo provincial, os campamentos deportivos 2006 desenvolveranse en catro quendas, do 2 ó 29 de xullo, con estancias dunha semana no colexio 'Calvo Sotelo' da Coruña. Esta actividade permitirá ós rapaces participantes practicar diversos deportes como golf, tenis, voleipraia, vela e kaiak, ademáis de xogos, visitas culturais á Casa das Ciencias, Aquarium Finisterrae, Domus, Torre de Hercules ou Castelo de San Antón, e excursións ó medio natural como unha visita ás fragas do Eume ou un roteiro marítimo pola ría da Coruña e Ferrol.

O campus de futbol 2006 desenvolverase nas instalacións deportivas municipais de A Torre, e os rapaces aloxaranse durante os sete días de duración de cada quenda no conxunto residencial de Acea de Ama (Culleredo).

Durante este tempo, os rapaces e rapazas participantes desenvolveran diversas actividades de adestramento destinadas a mellorar a técnica deportiva individual e de equipo dos xogadores, así como partidos de competición entre os participantes e outras actividades deportivas como natación ou baloncesto.

Os rapaces poderán inscribirse para participar en ambas actividades nos seus concellos, ata 9 de xuño para a primeira e segunda quenda, e ata o 16 de xuño para a terceira e cuarta quenda de cada actividade.

No caso de haber máis solicitudes que prazas asignadas pola Deputación, realizarase un sorteo diante do secretario do concello respectivo para adxudicar as prazas definitivas. O prezo de inscrición, que inclue aloxamento, manutención, actividades e transporte ás actividdaes e de ida e volta dende os concellos de residencia é de 70 euros para o campus de fútbol e de 80 euros para os campamentos deportivos.