Un cento de expertos de 20 países participan desde o 31 de xullo na USC no congreso 'Urban changes in different scales'

Actualizado: viernes, 21 julio 2006 20:36

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 21 Jul. (EUROPA PRESS) -

A Universidade de Santiago (USC) organiza o congreso 'Urban changes in different scales: systems and estructures' que se vai celebrar a partir do vindeiro 31 de xullo na Facultade de Xeografía e Historia de Compostela e que contará coa participación dun centro de expertos na materia de 20 países. Este encontro forma parte das actividades que anualmente promove a Commision on Monitoring Cities of Tomorrow da Unión Xeográfica Internacional. Ademais, trátase da primeira vez que unha reunión destas características se celebra en España.

Coa participación dun cento de especialistas mundiais en planificación urbana procedentes de máis de 20 países, este congreso ten como obxectivo central xerar debate científico arredor de cinco eixos temáticos fundamentais no estudo da xeografía urbana.

Entre eles destaca o caso das megacidades, a renovación das cidades históricas, novas intervencións urbanas, reinterpretación das áreas urbanas e turismo urbano.

O congreso complétase cunha excursión científica de tres días de duración visitando, entre outras, as cidades de Lugo e Astorga, e as portuguesas de Guimaraes, Braga e Oporto, para coñecer de primera man a complexa realidade urbana do noroeste peninsular.