O CGAI ofrece ao longo deste mes o ciclo 'Desacougos. Cine austríaco 1994-2005'

Actualizado: miércoles, 1 marzo 2006 20:31

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 1 Mar. (EUROPA PRESS) -

O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) ofrecerá este mes unha selección de películas coas que pretende amosar as diferentes tendencias actuais do cine austríaco, para o que desenrolará o ciclo 'Desacougos. Cine austríaco 1994-2005' en colaboración con institucións coma o IVAC-La Filmoteca, a Filmoteca Española, a de Catalunya, a embaixada austríaca e o Österreichisches Filmmuseum Wien (Viena).

Entre as propostas que se poderán ver en 16 sesións ao longo de marzo estarán a diversidade do cinema austríaco contemporáneo, froito dunha longa tradición nacional de expresión experimental, con encontros entre a ficción, o documental e a propia especificidade e mecanismos do cine de corte experimental.

Así, os responsables de ARCO 2006 dedicáronlle esta última edición ao país centroeuropeo, sinalando tanto a efervescencia e pluralidade creativa como as diferentes e produtivas correntes artísticas.

O éxito de longametraxes austríacas como 'Funny Games' (1997), 'Los Herederos' (Die Siebtelbauern, 1998), 'Nordrand' (1999), 'La Pianista' (Die Klavierspielerin, 2001), 'Canícula' (Hundstage, 2001), 'Böse Zellen' (2003), 'Los Educadores' (Die fetten Jahre sind vorbei, 2004) ou 'Escondido' (Caché, 2005), ten o seu paralelo no cine documental --as películas de Nikolaus Geyrhalter, Michael Glawogger, Ruth Beckermann, Ulrich Seidl ou Hubert Sauper-- e no cine de vangarda --con artistas como Peter Tscherkassky, Virgil Widrich, Lisl Ponger, Martin Arnold ou Gustav Deutsch--, supoñen unha progresión da tradición experimental clásica cara ao futuro.