Ciclistas realizan en A Coruña unha marcha para esixir infraestructuras que favorezan o uso da bicicleta

Actualizado: viernes, 6 enero 2006 18:25

A CORUÑA, 6 Ene. (EUROPA PRESS) -

Ciclistas urbáns esixirán hoxe en A Coruña, mediante a realización dunha marcha que percorrerá o centro da cidade, a creación de infraestructuras "axeitadas" para que a bicicleta se convirta nunha "alternativa" de mobilidade na cidade herculina, como xa o é noutras capitais europeas.

Segundo informou a organizadora do evento, Masa Crítica, o paseo ciclista dará comezo hoxe ás 20.00 horas do serán na Praza de María Pita, e con el os participantes reclamarán a construcción dun carril-bici e de aparcadoiros específicos para as preto de cen persoas que utilizan este vehículo a diario para acudir aos seus postos de traballo, falcultades ou escolas.

Asimesmo, Masa Critica considera que A Coruña é unha cidade "ideal" para o uso da bicicleta, "polo seu tamaño, clima e orografía", porén a asociación critica a falta de infraestructuras "suficientes", feito que, segundo esta organización, impide que "moita máis xente" faga uso de este transporte por "medo" aos coches, autobuses e camións.

A asociación Masa Crítica xurdiu en San Francisco en 1.992 para protestar polas condicións do tráfico nas grandes cidades, que "dificultan" a circulación deste medio de locomoción non motorizado.