O ciclo estival de Caixa Galicia As Nosas Músicas levará o xoves a Bumba a Valdoviño (A Coruña)

Actualizado: martes, 11 julio 2006 21:45

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 11 Jul. (EUROPA PRESS) -

O próximo xoves, día 13 de xullo, ás 22.30 horas, a Praia da Frouxeira da localidade coruñesa de Valdoviño acollerá un concerto de Bumba, unha actividade enmarcada no ciclo As Nosas Músicas da Fundación Caixa Galicia, "que levará o mellor da música" a máis de trinta concellos de toda Galicia no verán, segundo informou a propia fundación.

Nesta súa sexta edición, As Nosas Músicas contará con bandas xa históricas no panorama musical galego, como Milladoiro ou Luar na Lubre, e xunto a eles, proxectos novedosos como Bumba (Narf + Timbila Muzimba) ou Brasilian Night, a banda de Gustavo Almeida.

Tamén estarán nesta edición antiguos coñecidos deste ciclo, como María do Ceo ou Ialma e, desde o país veciño, chegará a Galicia Joao Afonso, "unha das voces máis cálidas de Portugal".

Se no ano anterior o guión da programación estivo marcada polas novas voces femininas da canción tradicional galega e portuguesa, a Fundación Caixa Galicia quixo neste verán achegar a todos os galegos a riqueza da mestura, da fusión e do contraste dos diferentes ritmos.