Científicos internacionais participarán do 9 ao 12 de xullo en Santiago no congreso 'Calorimetría e Análise Termal'

Actualizado: viernes, 7 julio 2006 21:30

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 7 Jul. (EUROPA PRESS) -

Expertos procedentes de universidades e centros de investigación de diversos países europeos, Sudáfrica e Estados Unidos participarán dende o domingo día 9 e ata o mércores 12 de xullo en Santiago no congreso 'Calorimetría e Análise Termal. Ferramentas en Ciencias, Industria e Estudos Medioambientais'.

O programa deste congreso, que nesta edición se organiza 'in memorian' do profesor Lisardo Núñez Regueira, comezará o domingo cunha recepción aos asistentes que se vai celebrar no Salón Nobre do Colexio de Fonseca ás 16.30 horas. Deseguido, os profesores Luis Espada Recarey e Luis Fernando Barral Losada realizarán unha semblanza profesional, personal e universitaria do profesor Núñez.

O congreso continuará o luns 10 na súa sede, ubicada na Facultade de Física, onde será oficialmente inaugurado nun acto presidido polo reitor compostelán, Senén Barro, a partir das 9.50 horas.

Os relatorios presentados no transcurso do encontro agrúpanse en 10 bloques temáticos nos que se avaliarán temas relativos á química orgánica e inorgánica, cerámica, ciencias da terra, termoquímica, ciencias aplicadas, ciencias biolóxicas e médicas ou termodinámicas químicas, entre outros asuntos.