O Circo Nacional de Pekín achegará o seu espectáculo acrobático ás localidades de Santa Cruz de Oleiros (A Coruña)

Actualizado: lunes, 21 agosto 2006 18:48

A CORUÑA, 21 Ago. (EUROPA PRESS) -

O vindeiro xoves os artístas do Circo Nacional de Pekín recalarán en Oleiros (A Coruña) para amosar o seu traballo acrobático reconocido no ámbito internacional como un dos máis importantes do mundo.

O espectáculo, previsto para as 21.00 horas, terá lugar na da Praza do Muiño, de Coruxo, situada na localidade de Santa Cruz. O evento realizarase ao aire libre e será de balde coa finalidade de que grandes e pequenos poidan presenciar a rigorosidade e perfección das súas acrobacias, famosas e recoñecidas en todo o mundo, desenvoltas cunha coreografía teatral dun colorido mundo de ensoño visto polos ollos dunha moza.

Números incribles, música e efectos luminosos porán en marcha unha actuación organizada polo Concello de Oleiros en colaboración coa Deputación de A Coruña e Caixanova co obxectivo de achegar ao municipio a unha formación circense que dende o ano 1950 realiza importantes contribucións á cultura fomentando o seu arte e a súa riqueza nacional por todo o panorama internacional constatado coa súa presencia en máis de 80 países.

Dende o ano 1990, o Circo Acrobático de Pekín destaca pola súa particular posta en escena coa realización de varios shows baseados na acrobacia tradicional con incorporacións do baile, da ópera e o teatro chino.

No seu haber conta con 18 medallas de ouro en diferentes competicións internacionais e está considerado como un dos máis importantes do mundo. Todo un espectáculo irrepetible, segundo a organización, e unha oportunidade "única" para ver acrobacias, de seguro, que imposibles ata para a imaxinación dos máis creativos.

Se a climatoloxía resultara adversa por choiva ou vento, o evento trasladaríase ao pavillón Arsenio Iglesias, tamén ubicado na localidade oleirense de Santa Cruz.

ALMODÓVAR NA FÁBRICA

Por outra banda, tamén o vindeiro xoves pero ás 22.30 horas, a Fábrica de Perillo converterase nun escenario cinematográfico para acoller a proxección da película 'Volver', de Pedro Almodóvar, contemplada do ciclo Noites de Cinema que organiza o Organismo Autónomo de Cultura en colaboración coa Deputación provincial.

Trátase dunha comedia dramática protagonizada por actrices de primeira liña como Penélope Cruz, Carmen Maura, Chus Lampreave ou Lola Dueñas, entre outras. O filme narra as historias de supervivencia de todas as personaxes que interveñen.

A seguinte cita será o venres, día 25, no Castelo de Santa Cruz, co pase de 'Sueño de una noche de San Juan', unha película de animación coproducida por España e Portugal, apta para todos os públicos.