A ciudade alemá de Tréveris celebra a partir de mañá o 'Día de Galicia' cunha homenaze a Lois Tobío

Actualizado: jueves, 18 mayo 2006 20:09

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 18 May. (EUROPA PRESS) -

Durante dous días, mañá e pasado mañá, a lingua e a cultura galegas festexaranse na cidade alemá de Tréveris durante O "Galicien Tag", o Día de Galicia, nun evento no que a Consellería de Cultura colabora coa universidade de Tréveris para organizar as actividades, que este ano homenaxean ao galeguista histórico e tradutor Lois Tobío.

Lois Tobío figurou entre os fundadores do Seminario de Estudos Galegos e participou na redacción do Anteproxecto de Estatuto de Autonomía de 1931. En 1932 ingresou na carreira diplomática e, tras o golpe de estado de Franco, tivo que exiliarse. Tobío traduciu para o galego obras de grandes autores alemáns: Goethe, Heller e Rilke.

No marco do "Galicien Tag" terá lugar un congreso científico internacional de onomástica galega e o concerto do grupo de música santiagués Resonet, que interpretará pezas tradicionais do folclore galego.