O Concello de Oleiros (A Coruña) abre a preinscrición para o obradoiro do I Festival Galego de Cabaré

Actualizado: martes, 17 enero 2006 20:42

A CORUÑA, 17 Ene. (EUROPA PRESS) -

O Concello de Oleiros (A Coruña) xa ten aberto o prazo de preinscrición para participar no obradoiro programado dentro do I Festival Galego de Cabaré, organizado polo Departamento de Turismo e Normalización Lingüística do Concello, en colaboración coa empresa coruñesa "3º Pé. Andar Criativo", adicada á programación e xestión de produccións culturais.

Todas as persoas interesadas en formar parte desta iniciativa, que se celebrará do 13 ó 19 de febreiro, poderán realizar a súa solicitude ata o vindeiro día 5 enviando un mail a info@terceirope.com indicando o seu nome e apelidos, enderezo, teléfono, idade e experiencia. Tamén se recollerán as peticións a través do teléfono 666 014 494.

Nesta actividade, previa á celebración do espectáculo musical previsto do 20 ao 25 de febreiro, poderán anotarse de 15 a 20 persoas máximo que deberán abonar preto de 60 euros, unha vez efectuada a selección dos alumnos.

As sesións teóricas, impartidas por dous profesionais integrantes da Compañía "Endesequilibrio", de luns a venres en horario de tarde, terán lugar na Casa da Cultura de Perillo. Esta actividade verase complementada con exposicións prácticas que se porán en escea durante a celebración do Festival.