O Concello de Oleiros (A Coruña) alerta de un posible fraude telefónico neste municipio

Actualizado: jueves, 26 enero 2006 20:38

A CORUÑA, 26 Ene. (EUROPA PRESS) -

O Concello de Oleiros (A Coruña) advertiu hoxe da posible existencia dun fraude telefónico, a través da promoción domiciliada duns cursos de informática que, segundo aseguran as persoas que visitaron os domicilios de varios veciños, se van celebrar no Consistorio.

Nun comunicado, o Concello explica que nos últimos días veciños de diferentes parroquias están a dirixirse ó Consistorio para obter información sobre a celebración de cursos formativos de informática, tras ser informados dos mesmos no seu propio domicilio por un grupo de persoas.

Seguno o Consistorio, a confusión entre os cidadáns ven dada porque estas persoas aseguran que as clases serán impartidas no concello por un prezo aproximado de 30 euros.

O goberno local aclara quue esta promoción domiciliaria no ten nada que ver coa administración pública "xa que todos os cursos e actividades carácter institucional promóvense a través das diferentes canles de información propias procedendo á inscrición de solicitantes nas dependencias municipais ou nos teléfonos de contacto das mesmas, pero nunca empregando unha liña 902 como se está a facer neste caso", matiza.

Por todo elo, o Concello recomenda ós interesados en participar nos mencionados cursos que se informen debidamente cando estas persoas se poñen en contacto con eles co fin de asegurarse de que non se trata de ningún engano ou posible fraude telefónico.

Tamén sinala que se poden poñer en contacto co Concello a través do servicio municipal de Atención ó Veciño, no teléfono do Consistorio,para calquera dúbida ou pregunta. Ademáis, poden formalizar a súa queixa ou denuncia por escrito no departamento de Orden Público, da Concellería de Réxime Interior ou remitindo un correo electronico a alcaldia@oleiros.org.