O Concello de Oleiros (A Coruña) inaugura mañán a XII edición de Alfaroleiros no parque Luis Seoane de Santa Cruz

Actualizado: martes, 1 agosto 2006 21:09

A CORUÑA, 1 Ago. (EUROPA PRESS) -

O Concello de Oleiros (A Coruña) acollerá a partires de mañá a edición número 23 da mostra de alfareiros no parque Luis Seoane de Santa Cruz, cuios participantes acudirán desde diversos puntos da xeografía galega e española.

León, Toledo, Cuenca, Jaén, Ourense, Asturias e Buño (na provincia coruñesa) son algunhas das cidades que durante toda esta semana acudirán a esta cita, na que veciños e turistas poderán ver e disfrutar de Oleiros coas mans.

A XII edición de Alfaroleiros será inaugurada mañá polo Alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, ás 12:30 horas coa asistencia de numerosas autoridades locais así como o Presidente da Deputación Provincial de A Coruña, Salvador Fernández Moreda, acompañado do Vicepresidente e a Delegada de Cultura, Milagres Lantes Seara.

Durante a mostra de alfarería, os asistentes terá a oportunidade de presenciar exhibicións artesanais realizadas polos Señores do Barro, que ademais exporán ó público pezas con gran valor realizadas manualmente.