O concello de Pontevedra oficia por primeira vez a unión entre dúas mulleres

Actualizado: sábado, 11 marzo 2006 21:02

PONTEVEDRA 11, (EUROPA PRESS)

O concello de Pontevedra foi o escenario, por primeira vez, do acto de unión civil entre dúas mulleres. A ceremonia celebrouse esta mañá e foi oficiada pola Consellería nacionalista Nieves Cuéllar. Previamente ao enlace o alcalde de Pontevedra, Miguel Fernández Lores, reuniuse coa parella e entregoulle un agasallo en recordo da data por seren as primeiras mulleres que fan oficial a súa unión de feito.

O acto contou con dúas testemuñas, tamén mulleres, e no seu transcurso léronse textos reivindicativos da igualdade entre parellas heterosexuais e homosexuais.

A primeira cerimonia de unión entre dúas persoas do mesmo sexo produciuse en Pontevedra o 22 de agosto de 2004 e os seus protagonistas foron Emilio Bernárdez e Verísimo Pazos. A súa unión de feito foi a segunda de Galicia destas características.